Monday 06 de May de 2024

O Concello de Vimianzo prepara as actividades de verán coa vista posta nas recomendacións sanitarias pola COVID-19


Daráselle prioridade ás actividades ao aire libre, e haberá limitación de aforo nas visitas, potenciando os roteiros ao aire libre.
O Concello de Vimianzo prepara as actividades de verán coa vista posta nas recomendacións sanitarias pola COVID-19. Daráselle prioridade ás actividades ao aire libre, e haberá limitación de aforo nas visitas, potenciando os roteiros ao aire libre, co patrimonio natural, histórico e lítico do municipio.
Como novidade, haberá unha persoa que atenda aos visitantes a fin de semana nos Batáns de Mosquetín, tanto pola mañá como pola tarde. Dobrarase tamén, o persoal no Castelo de Vimianzo. Os domingos haberá visitas teatralizazas ao son das compañías Os Quinquilláns e aptas para todos os públicos.
As reservas poderanse facer telemáticamente, por whatsapp ou por enderezo electrónico, indicando nome completo, dirección postal e número de teléfono, en turismo@vimianzo.gal e no 604 036 617. O obxectivo desta planificación e atraer visitantes para que reverta na economía local, xa que o Turismo forma parte da área de desonvolvemento local do concello.
Paisaxes de Vimianzo
Os sábados, ademais de no Castelo e nos Batáns, haberá a actividade denominada ‘Paisaxes de Vimianzo’, unha serie de roteiro polo Patrimonio Cultural e Natural das diferentes parroquias.